Blogia
Andresadas

Ó final foi Eslovaquia...

Ó final foi Eslovaquia... Hoxe celebrouse na sede oficial da FIFA en Zurich, o sorteo que daría en azar o rival fronte o que a selección española se tería que enfrontar para a repesca... Tocou Eslovaquia, rival case descoñecido para a selección, pero que terá que ser derrotado se o combinado español quere estar na próxima cita mundial no 2006 en Alemaña. O partido de ida será na casa o día 12 de novembro, a Federación designou o Vicente Calderón coma estadio para disputa-lo encontro e a volta será en Eslovaquia catro días despois... Ó final non foi a xa coñecida Noruega, nin a brillante Suiza (que case manda á respesca a Francia), senón o rival que menos lle gustaba a Luis Aragonés. Agora hai que tratar de superar os "malos rollos" existentes entre os xogadores e tratar de vencer á selección eslovaca. Por mor de non clasificarse de 1º de grupo, a selección non será cabeza de serie na Eurocopa do 2008, co cal, poden tocar na primeira fase os rivais máis temidos...

Agora en serio, é lamentable que unha selección coma a española teña que superar unha repesca, cando lle asignaron un grupo tan asequible coma este... Ningún rival de renome, pero Serbia soubo xogar con humildade e con entrega, non coma os nosos xogadores... En realidade, se a selección non vai ó Mundial non sería algo coma para levarse as mans á testa... Meréceno, por fachendosos, por creídos, por chulitos...

0 comentarios